Un cruceiro do escultor Guillermo Feal en Alaska

Juan J. Burgoa
Durante varios anos da miña vida percorrín Galicia e os Camiños de Santiago localizando e fotografando varios milleiros de cruceiros e cruces de pedra, que logo presentei en diversas publicacións, revistas e congresos . Fixen tamén algunhas incursións por varios lugares de España, Portugal e Bretaña na busca destas fermosas mostras da arte popular. Mesmo localicei algún escaso exemplar en Cuba, Argentina, Uruguay e Estados Unidos.

Cando menos o esperaba, fai poucos días, pescudando a vida de Guillermo Feal, un escultor de Magalofes (Fene), ao que coñecín cando eu era neno e Feal xa tiña un obradoiro en Ferrol, xunto ao cine Galicia (o chamado “cine das zocas”), cerca do cruce de Fajardo, decateime que o devandito escultor fixera un cruceiro aló polo ano 1980 con destino a Alaska.

Guillermo Feal fixera este cruceiro de granito de Parga no seu obradoiro por encargo do xornal de Santiago “El Correo Gallego”, que dalgún xeito quería lembrar a morte do coñecido naturalista Félix Rodríguez de la Fuente e o seu equipo nun accidente de aviación sufrido o ano 1980 na localidade de Anchorage (Alaska), unha afastada paraxe do norte do continente americano.

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …