A alcaldesa de Narón solicitou unha entrevista coa conselleira de Infraestructuras para tratar sobre a senda do Val

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, lamentou que a administración autonómica descarte definitivamente a construción da senda ciclista e peonil na parroquia de O Val. Á vista da actual situación, e co fin de que non se perda este importante investimento duns 800.000 euros na cidade, a rexedora local solicitou unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para tratar de evitar esta decisión da Xunta e de restablecer de novo o diálogo coas persoas que manifestaron a súa oposición ao proxecto inicial. A pasada semana representantes do citado departamento autonómico comunicaban á rexedora local que se barallaba a posibilidade de non construír a senda, se ben o plantexamento non era definitivo, solicitándolles Ferreiro que esperasen ao informe que redacta a dirección de obra -sobre a viabilidade de posibles cambios solicitados por algúns veciños- antes de tomar unha decisión en firme.

Mal asesoramento

Desde o goberno local defendemos desde o principio a vía do diálogo e a vontade negociadora das administracións foi constante neste proceso, como así o amosa o feito de que a pasada semana técnicos da Xunta se desprazasen á zona para marcar o tramo e falar coa veciñanza”, recordou Ferreiro. A alcaldesa lamentou o feito de que “a finais do pasado mes de agosto, debido ao mal asesoramento, tal e como se recoñece desde a Xunta, de parte dos afectados e afectadas, eles mesmos negáronse publicamente ao diálogo, adoptando unha serie de medidas que agora lamentablemente derivan nesta situación na que nos atopamos e que, probablemente, poderá levar a perder un investimento valorado nuns 800.000 euros”. A obra está actualmente adxudicada, polo que se poderían acometer algúns modificados pero en ningún caso, apuntou, un novo proxecto que é o que se plantexa desde o colectivo.

Ata o día de hoxe, a administración autonómica non se pronunciou sobre a viabilidade das modificacións plantexadas por algúns veciños e veciñas, das que son coñecedores e que trataban de estudar unha vez marcado o trazado inicial na propia obra, finalidade coa que se desprazaron hai uns días a Narón”, explicou Ferreiro.

Retomar o diálogo.

A rexedora local incidiu en que “desde o equipo de goberno de Narón continuaremos defendendo a necesidade de retomar o diálogo e esperar os informes da dirección de obra antes de que a Consellería de Infraestruturas tome unha decisión definitiva sobre a realización desta obra na zona de O Val”. Así mesmo, lamentou a postura do edil de ENE, erixido en portavoz dalgúns afectados,ao falar da imposición dun proxecto cando el é o primeiro en negarse ao diálogo coas administracións para tratar de chegar a posibles acordos e atender as demandas veciñais que sexan viables”.

“O goberrno local manterá ata o último momento o seu papel mediador para tratar de alcanzar un acordo e manter na nosa cidade un investimento que, a día de hoxe, todo apunta a que podería ir para outro concello, co detrimento que suporía para a nosa cidade en xeral e para as veciñas e veciños que apostaban polo feito de que a parroquia de O Val contase cunha senda peonil e ciclista”, subliñou a alcaldesa. “Gustaríanos que esa mesma postura do equipo de goberno fose refrendada polos partidos da oposición, que nalgúns casos, ou lamentablemente manteñen unha oposición que nos leva á situación na que nos atopamos ou directamente non a clarifican a súa postura”, apuntou a alcaldesa.

O equipo de goberno de Narón continuará mediando entre as partes, entendemos que xurdiran unha serie de reclamacións sobre ese proxecto pero é preciso que exista vontade de diálogo entre as partes para que finalmente o pobo de Narón poida contar con esta senda peonil e ciclista para o uso da nosa cidadanía”, subliñou Ferreiro

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

Un comentario

  1. Este gobierno lo unico que sabe hacer es mentir. Nunca hubo intención de dialogo con los vecin@s, todo lo contrario, juegan a espaldas de los afectad@s. Sus concejales realizaron visitas a los vecinos indicándoles que iban a realizar modificaciones y que no iban a realizar expropiaciones, para dos días después desmentirlo delante de los técnicos de la Xunta. El concello no representa la voz de los afectad@s, ya que lo único que esta consiguiendo es bloquear todavía mas la situación.