O goberno de Ferrol aproba a adxudicación das obras de aglomerado do Camiño de Marmadeiro e do Camiño de Piñón

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou a adxudicación das obras de aglomerado do Camiño de Marmadeiro (a e b) e do Camiño de Piñón (ambas incluídas no POS+ 2017) á empresa Lancer Proyectos y Obras S.A. por un importe de 25.539, 59 euros (IVE incluído). O prazo de execución das obras é dun mes desde o seu inicio.

Así mesmo, aprobou o expediente e os pregos administrativos e técnicos para a contratación do servizo de asistencia técnica de apoio á execución do proxecto MMIAH “Maritime, Military and Industrial Heritage”, cofinanciado polos fondos FEDER, por un importe de 55.663,69 euros (IVE incluído), repartido en tres anualidades: 2018, 2019 e 2020.

Este proxecto ten como obxectivo a posta en valor do borde litoral urbano do Espazo Atlántico a través da recuperación de bens en desuso asociados ao patrimonio militar, marítimo e industrial das cidades costeiras, facilitar o uso social dos mesmos e xerar actividades de valor engadido en torno a eles co fin de promover o turismo cultural como factor de sostenibilidade económica.

Por último, a Xunta de Goberno Local aprobou o recoñecemento extraxudicial de cinco facturas por un importe global de 10.569,20 euros, co que se mantén a tendencia a unha redución constante dos importes recoñecidos por esta vía.

Lea también

Adjudicado el servicio de arqueología de la fase de Esteiro de ‘Abrir Ferrol ao mar’

El pasado viernes se empezaba a tirar la muralla del Arsenal en la calle Irmandiños …