A alcaldesa de Narón acadou o compromiso da Xunta para retomar o diálogo ante a anunciada suspensión do proxecto da senda no Val

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, desprazáronse na mañá deste venres a Santiago de Compostela para manter unha reunión con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas. A rexedora local solicitou a xuntanza hai varias semanas, tras coñecer o anuncio da Xunta de suspender as obras da senda peonil e ciclista prevista na parroquia do Val. A alcaldesa amosou a súa satisfacción pola postura amosada  desde a administración autonómica, donde lle manifestaron que “continúan pola labor de realizar esa obra sempre e cando se conte co respaldo veciñal”.

Representantes do goberno local de Narón visitaron nas pasadas semanas unha por unha as vivendas localizadas no tramo polo que se proxecta a senda peonil e ciclista. Tras falar cos titulares dos terreos afectados, recolleron as súas reivindicacións, que a alcaldesa trasladou ao director da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de valoralas.

Representantes da administración autonómica amosaron a súa disposición a retomar o diálogo coa veciñanza afectada por esta actuación na parroquia do Val para abordar a viabilidade dalgunhas das propostas plantexadas sobre o proxecto inicial desta actuación, tal e como lle indicaron a Ferreiro.

A alcaldesa incidiu en que “esta senda é unha infraestrutra que supón un importante investimento para o noso concello e tamén un avance importante en materia de mobilidade e seguridade viaria”. Ferreiro, que trasladadou  o o resultado desta reunión aos representantes da Asociación de Veciños do Val, destacou a importancia “de que ambas partes, a administración que promove este proxecto que é a Xunta de Galicia e as persoas que teñen propiedades na zona pola que pasará a senda, acheguen posturas sobre proxecto”.

A rexedora local subliñou que “é preciso e moi necesario que traten de atopar unha saída satisfactoria para ambas partes e que permita executar os traballos, porque as veciñas e veciños en todo momento nos comunicaron que non se opoñen á execución da senda, valorando tamén este importante investimento na parroquia do Val”.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. Lazaro Lopez Gonzalez

    Pois moito teran que mudar as actitudes de imposición que mostraron na ultima xuntanza e ó » oscurantismo cazike » mostrado por parte dós » gobernantes » naroneses . Os veciños xa trasladamos as nosas propostas e adxuntamos unhas milloras de seguridade a Conselleria de Infrestructuras da Xunta , foron presentadas por rexistro sin ata hoxe ter ningunha resposta . Non estamos dispostos a ser » toureados » por ó goberno municipal nin por as incompetencias da Xunta . Pedimos sexan discutidas e tidas en conta as nosas propostas que non son outras que a sostevilidade da senda ciclo-peonil , a seguridade dós usuari@s e veciños , ó respeto as nosas casas e vidas , a movilidade da veciñanza e a seguridade dós ciclistas . Non semella moito pedir , ainda asi a Xunta e ós seus complices » goberneiros » de Narón siguen sin ter en conta as nosas peticions e mostran unha total falta de respeto a veciñanza » pactando » con a AAVV de veciños dó Val que pa nada defende os nosos problemas nin representa a ninguen .
    Saudos dende Ó Val .