Susana Seivane e Radio Cos actuarán este sábado en San Xiao, Narón, nun concerto organizado polo Padroado da Cultura e a AVV Ceibe San Xiao

A parroquia de San Xiao, concretamente a zona da pista polideportiva, acollerá o vindeiro sábado, día 7, un concerto no que acturarán Susana Seivane e Radio Cos. O Padroado da Cultura organiza este evento festivo, en colaboración coa Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao, fomentando así as actividades culturais nas parroquias da zona rural de Narón, donde ao longo do ano se proxectan varios eventos. A cita musical dará comezo ás 22.00 horas, se ben a xornada festiva comezará con anterioridade con outras propostas enmarcadas no programa.

A gaiteira galega Susana Seivane editou o seu primeiro disco no ano 1999. A súa intensa traxectoria musical levouna a traballar en escenarios de todo o mundo. Seivane tocará en San Xiao temas do seu último traballo, un dobre disco sobre a maternidade, FA, adicado aos seus fillos, Fiz e Antón e tamén outros temas de álbumes anteriores, como Susana Seivane e amigos ou Os soños que volven. Tamén amenizará a xornada Radio Cos, unha banda integrada por prestixiosos músicos, tres deles galegos, con case unha década sobre os escenarios de España e tamén participaron en festivais europeos, a donde levaron a música galega e os característicos sons das súas pandeiretas.

O apartado musical dará comezo ás 22.00 horas pero a partir das 18.00 as persoas que se acheguen á pista polideportiva de San Xiao poderán participar nunha gran variedade de xogos tradicionais, tanto as persoas maiores como as nenas e nenos. Tamén o día 7, desde as 20.00 horas, terá lugar unha sardiñada-churrascada popular organizada pola AVV Ceibe San Xiao na citada ubicación. Os tickets para poder degustar as sardiñas e o churrasco están á venda a prezos populares no Centro Cívico Social da parroquia, podendo adquirirse de luns a venres de 17.00 a 23.00 e os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 23.00 horas

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …