Marcos Ruiz e Jorge Morado, campións de España con Galicia

Jorge Morado, Ana Carvajal e Jorge Morado | Triatlón Ferrol

Marcos Ruiz e Jorge Morado contribuíron á vitoria final de Galicia nos campionatos de España de tríatlon por seleccións autonómicas absoluta e escolar respectivamente.

Nunha proba marcada polas tormentas eléctricas en Badaxoz, o tríatlon absoluto individual foi un sálvese quen poida e contáronse numerosas caídas no ciclismo. Non foi o caso de Marcos Ruiz, o canteirán do Triatlón Ferrol estivo precavido e sumou o seu 27º posto á clasificación de Galicia que xa perdera a súa estrela coa caída de Antonio Serrat. A accidentada xornada relegou á selección galega á sexta praza no sábado pero o ouro do equipo feminino e o triunfo no relevo mixto do domingo, déronlle o título conxunto a Galicia.

Na proba escolar, decidiuse cambiar o tríatlon por un ácuatlon para eliminar o segmento ciclista tan esvaradío, sector que botou en falta Jorge Morado. A promesa da Escola Javi Gómez Noya saíu entre os dez primeiros da auga e mantivo ben a posición correndo para ser 17º. No domingo, Morado foi elixido para correr no relevo B da selección. Na súa quenda o mugardés remontou ata coller á cabeza no ciclismo e finalmente o seu equipo foi cuarto. Co primeiro posto das rapazas individualmente, o segundo dos rapaces e a vitoria do relevo mixto, a selección galega escolar colgouse o ouro.

A maiores, o Triatlón Ferrol celebrou tamén o subcampionato de Ana Carvajal con Andalucía, sendo a referencia da súa selección.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …