Un erro no ciclismo acaba coas opcións de vitoria de Melina Alonso na Copa de África de Larache

Melina Alonso na competición – Triatlón Ferrol

Melina Alonso rematou sétima na Copa continental de Larache ao seguir as indicacións dunha persoa da organización que lle indicou erroneamente que aínda lle quedaba por dar unha volta no ciclismo. A ferrolá, escapada xunto á romanesa Manac, proseguiu sen baixar da bici ao completar os 20 km dese sector.

Desta forma, despois de nadar entre as mellores e ser a máis rápida na transición para iniciar o ciclismo primeira, o pelotón pasou a Melina Alonso ao continuar unha volta extra na bici.

Sen marxe para remontar, a internacional do Triatlón Ferrol finalizou en sétimo lugar.

Lea también

XXXII edición del Torneo de Fútbol Ayuntamiento de Valdoviño

El campo de fútbol Juan Sabín-O Lameiro acoge este año la XXXII edición del Torneo …