Sainza Ruiz presenta novas actividades na Casa da Muller

Unha das actividades mais novidosas e agardadas e mesmo demandadas de entre todos os obradoiros de balde que puxo en marcha neste 2018 a Concellería de Muller e Igualdade na Casa da Muller está a piques de arrancar.

Trátase de Ecorredes-Sendeirismo, unha proposta con dúas rutas diferenciadas pola nosa contorna: A Cabana e Doniños, con saída desde a propia Casa da Muller, na que poden tomar parte as mulleres, cos fillos e tamén coas súas mascotas se así o desexan en calquera das rutas de oito quilómetros que se ofertan.

Así o anunciaba hoxe en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, que daba conta polo miúdo desta iniciativa que vai percorrer a contorna natural de Ferrol os sábados nas fins de semana do mes de xuño con mais de 200 mulleres inscritas dentro das actividades ofertadas desde a Casa Da Muller de Ferrol organizadas de balde.

Doutra banda, indican que a petición das propias mulleres, logo de facerlles cegar unha consulta, os obradoiros de balde nos que participan terá continuidade no mes de xuño e se retoman en setembro, a diferencia dos anos anteriores nos que se producía un parón de maio a outubro, mostra do bo desenvolvemento dos mesmos e do interese da usuarias por darlles continuidade.

O LUNS ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NO OBRADOIRO ‘Quero vender on-line!, NA CASA DA MULLER

A concelleira de Muller e Igualdade avanzaba tamén que este luns 4 ábrese o prazo para anotarse no obradoiro ‘Quero vender online’, un curso formativo de 35 horas para o que se ofertan un total de 15 prazas sen ningún custo.

O prazo remata o 15 de xuño e as interesadas teñen que presentar a súa solicitude no horario habitual, de 9 a 14 horas, no Rexistro Municipal. Impartirase os mércores e os sábados de 10 a 14h (comezarán o mércores 20 de xuño) na Casa da Muller, na rúa Lugo.

Vai dirixido a mulleres empadroadas no Concello de Ferrol que teñan tenda física e queiran aprender a vender por internet, e para mulleres que tendo ideas de produtos non teñan o coñecemento nin as ferramentas para construir a súa tenda on-line.

Traballarase coas diversas redes sociais que poden utilizarse como ferramentas de venda de produtos, e se amosarán diversos programas como Virtual Composer para o deseño e maquetación de webs de tendas on-line ou o manexo da plataforma WooComerce (plataforma de tenda on-line de wordpress).

CURSO DE MONITORES DE TEMPO LIBRE

Para rematar, a concelleira informou da boa marcha do curso de monitores de tempo libre que se imparte na Casa da Xuventude e que no participan un total de 25 mozos e mozas. Dentro da parte práctica do curso, os alumnos realizarán esta fin de semana unha acampada con pernocta no local da Asociación Vecinal de Covas.

O remate do curso e a entrega de diplomas está previsto para o 17 de xuño.

Lea también

El desprendimiento de un balcón provoca en Ferrol el corte de tráfico de un tramo de la calle Iglesia

  En la mañana de este jueves 13 de agosto, el desprendimiento de parte de …