O Triatlón Ferrol, segundo, afronta dúas novas xornadas da Liga de Primeira División en Pulpí

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

A Liga de Primeira División continúa esta fin de semana para o Triatlón Ferrol na localidade de Pulpí, onde se celebrarán os campionatos de España de tríatlon de relevos por parellas e de modalidade superesprinte por clubs.

Con ausencias como a lesionada Miriam Casillas ou Camila Alonso pola súa competición internacional, Inés Santiago, Ana Carvajal e a francesa Morgan Branchoux deberán tirar da recentemente recuperada Carmen Gómez, da promesa Carmen Jiménez e de Raquel Ruiz, que tampouco se atopa ao 100% fisicamente.

Con ese sexteto, o conxunto ferrolán defenderá a segunda praza da Liga Iberdrola de tríatlon no formato do campionato de España superesprinte por clubs, do que é vixente campión aínda que esta edición a competición pasará a ter dúas semifinais e final, e nos relevos por parellas, proba na que o Triatlón Ferrol en 2017 foi bronce.

Lea también

Club Arco Narón anuncia un cambio de monitor

Club Arco Narón comunica «nuestro compañero Eduardo Ponce cesa en sus funciones de monitor auxiliar …