Corenta equipos disputarán este fin de semana en Meirás o Torneo de Fútbol 8

Cartel del torneo – Meirás CF

O Meirás CF organiza esta fin de semana, en colaboración co Concello de Valdoviño e a Deputación provincial da Coruña, o seu Torneo de Fútbol 8. Será no campo de herba natural do equipo local e a competición para as categorías base (prebenxamín, benxamín e alevín) arrancará este venres, 1 de xuño, e continuará sábado e domingo.

Tomarán parte na competición ata 40 equipos. Son estes: Freixo, Sansa, R. Ferrol B, Meirás, As Pontes, Narón, Numancia e Ánimas (prebenxamíns); Ortigueira, Perlío, Obrero, Libunca, As Pontes, G. Caranza, Portuarios, Val B, Cedeira, Neda, Meirás, Freixo, Narón, Ánimas, Val A e G. Mugardos (benxamíns), e Obrero, Neda A, Meirás B, San Pedro, Ánimas, Perlío, Cedeira, Meirás A, Neda B, Narón, As Pontes, Val B, Eume, Val A, Miño e G. Caranza (alevíns).

Cada partido terá unha duración de 25 minutos e cada victoria sumará tres puntos e o empate un. Así mesmo, as bases da competición poden consultarse na web municipal (www.concellodevaldovino.com).

A competición dará comezo mañá venres, ás 17 horas, cos equipos da categoría prebenxamín e a final está prevista para as 20,30 horas. O sábado será o turno da categoría benxamín e os partidos principiarán ás 10,15 horas e, tras o descanso do mediodía, continuarán ás 15 horas, coa vista posta na final, prevista para as 19 horas. O domingo seguirase o mesmo calendario, neste caso cos equipos da categoría alevín.

Dende o Concello, o edil de Deportes, Sergio Saavedra, convida á veciñanza a seguir o torneo e desfrutar co mellor fútbol en Meirás.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …