A campaña «Quere o teu mercado» aterra este sábado nas prazas de abastos

‘Quere o teu mercado’, a campaña de dinamización do Goberno local, impulsada desde a área de Sanidade, Mercados e Consumo, coa vontade de por en valor e promocionar o pequeno comercio de proximidade baseado na calidade do producto, ten unha novas citas coa veciñanza o sábados 26 de maio cunha chea de actividades simultáneas nos tres mercados municipais.

O concelleiro de Servizos e Mercados, Luis Victoria, facía fincapé hoxe na necesidade de dinamizar as compras nos mercados de abastos de Ferrol: A Magdalena, Recimil e Caranza, apostando pola economía local e os produtos frescos e de calidade, coas vantaxes dun trato achegado e personalizado, recuperando o gusto pola busca e selección directa dos alimentos que logo habemos de cociñar e saborear na casa.

A campaña ‘Quere o teu mercado’, nesta edición 2018, vai acompasada dunha serie de actividades con degustacións de balde de diversos produtos, globoflexia e hinchables para os meniños, un obradoiro de pizza, reparto de agasallos especificamente deseñados para a campaña e música en directo.

As actividades serán simultáneas o sábado 26 nos tres mercados, entre as 11:00 e as 14:00 aproximadamente. O día 2 de xuño, aínda haberá tempo para un obradoiro de pizza en Recimil, no mesmo horario, para os que teñan curiosidade de ver, aprender e probar.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …