O pavillón polideportivo da Gándara, en Narón, acollerá este domingo, día 20, o “II Partido solidario co pobo saharaui” organizado polo Concello de Narón e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
A cita deportiva dará comezo ás 12.00 horas e na mesma participarán alcaldes e concelleiros de Narón e comarca, representantes sindicais e tamén saharauis e familias participantes no programa de acollida “Vacaciones en Paz”.
As persoas que queiran acudir a ver o partido deberán doar tres euros, unha cantidade que a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui destinará a mercar material co que mellorar as difíciles condicións