17 de maio, Día das Letras Galegas 2018-Na zona norte

EN FERROL

Ás 17.30 no local da Asociación de Veciños de Santa Icia,os actos comezan cunha lectura dá biografía dá autora homenaxeada. A nota musical ven dá mao de dúas corais locais, ‘Alecrín’ de Brión, e ‘Santa Uxía de Mandía’. 
O peche do acto, corre por conta dunha lectura de poemas de autores galegos musicados a cargo de Alberte e Xoán.

EN NARÓN
O Concello de Narón desenvolverá este xoves na Praza da Lectura, en Santa Icía, varios actos para conmemorar o Día das Letras Galegas a través da iniciativa “N de Narón. A Festa das Letras”.
Haberá unha variada programación que comezará pola mañá, ás 12.00, cun concerto do músico galego Pablo Díaz ao que seguirán, xa pola tarde, o espectáculo de música tradicional de A Banda das apertas, de Magín Blanco, a partir das 17.30 e tamén desde as 18.30 horas Circanelo, de Fredy&Cía, sobre técnicas circenses.

Habilitarase na Praza da Lectura un espazo de lectura, no que haberá tres áreas diferenciadas. Unha delas reservarase para a Biblioteca municipal, que levará varias publicacións en galego para fomentar a lectura entre tódalas persoas que acudan aos actos programados en Santa Icía. Así mesmo, nos dous restantes as librarías locais Galicia e Day porán á venda numerosos exemplares en galego dirixidos a diferentes tipos de público.

Mostra teatro amador en Pedroso
A décima edición da “Mostra de Teatro Amador” na parroquia de Pedroso, organizada polo Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” comezará hoxe coincidindo co Día das Letras Galegas. O primeiro dos espectáculos, está protagonizado pola Corral Poliafónica, do Aturuxo de Melpómene. 

En Piñeiros
A Sociedade Cultural Areosa organiza un Festival. A partir das 5 da tarde actuarán no Local Social de Piñeiros un grupo de baile tradicional infantil e un grupo de acordeóns, ambos do Padroado da Cultura de Narón, así como a Coral da S.C.Areosa. 
Durante o festival farase un agasallo de libros en galego aos nenos e nenas que participan nas actividades da entidade ao longo do ano. Para rematar haberá degustación de chocolate e unha gran queimada para brindar pola nosa lingua.

EN MUGARDOS
A asociación cultural Apelón, coa colaboración do Concello, levara a cabo o seguinte programa
Ás doce da mañá concentración na Praza do Concello.
Alí terá lugar una entrega de globos para todos @s nen@s (somentes entregaranse @s nen@s de forma exclusiva, non podendo recollelos os adultos).
Entrega de libros, marcapáxinas e caramelos ata esgotar existencias.
Lectura dun par de poesías da nomeada escritora. Pasarrúas ata o peirao con dúas paradiñas máis para voltar a ler outro par de poesías, e remate dos actos.
Todo acompañado polo grupo de gaitas: Trouleada.

EN VALDOVIÑO
A Casa da Cultura de Valdoviño acolle o tradicional acto conmemorativo do Día das Letras Galegas. Será a partir das 18 horas, con entrada de balde ata completar aforo. O programa inclúe unha lembranza da homenaxeada a través do espectáculo «O amor pola lingua», a cargo de Sole Felloza. Un espectáculo que tentará facer sentir ó público o que sente quen chega a un lugar e descobre que o seu fogar está alí. Seguidamente, o alcalde, Alberto González, presidirá a entrega de agasallos ós gañadores do III Concurso de Relato Curto e Debuxo Concello de Valdoviño Letras Galegas 2018. Ó certame presentáronse 65 traballos nas diferentes modalidades nas que concursaban en función do curso. O xurado, estaba integrado polo xornalista Miguel García Corral; o mestre e director do CRA O Esquío Xan García Yáñez; a mestra do CPI Atios María Manso, e a concelleira de Cultura, Jessica Sabín. 

EN MOECHE
Os eventos comezarán pola mañá -11.30h.- cunha actividade organizada pola asociación veciñal Val de Moeche. O alumnado do seu curso de cestaría fará unha demostración ao vivo no Castelo de Moeche, onde tamén se pode visitar ata o día 27 unha mostra das cousas que fixeron nos últimos meses. Nesta ocasión o acceso ao castelo é libre.
Na tarde, a partir das 17.00h. a A.VV. de Labacengos programou unha pequena homenaxe musical coa que lembrar a María Victoria Moreno. No local social do Ventoeiro oiremos textos da autora alternados coa música de Sara Guerreiro e Javier Rodríguez, voz e acordeón respectivamente do grupo tradicional Encrucillada.

EN SAN SADURNIÑO
O acto principal das Letras será o propio 17 de maio -Casa da Cultura, 18.30h.- centrado no descubrimento da autora e na música, que soará na Casa da Cultura gracias ao alumnado de Ilia Keilin e o da escola municipal de gaitas, que farán nesa tarde cadanseu pase con pezas clásicas e tradicionais. A xornada finalizará coa proxección da breve peza documental “María Victoria Moreno Márquez – Letras Galegas 2018”, producida pola Asociación Cultural Millo. Os directores do audiovisual asistirán ao acto e manterán un pequeno coloquio con quen queira saber máis sobre a escritora.

Pola súa banda, a asociación veciñal O Castelo de Narahío tamén programou co gallo das Letras Galegas un evento que pon en valor a oralidade e a música tradicional como vehículos de transmisión e difusión da cultura.

En colaboración coa Rapazada do Saíme -o grupo vocal de nenas e nenos nacido nas escolas municipais de música tradicional- a asociación ofrecerá por segundo ano un encontro no que tamén participará o alumnado máis pequeno das escolas do Padroado da Cultura do Concello de Narón e o da agrupación cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido

Lea también

Gran brillantez en los actos celebrados por la Armada en Ferrol en honor a su Patrona la Virgen del Carmen

(P. S.-gráficas Galicia Ártabra)-La Armada conmemoró este martes, día 16, la festividad de su Patrona, …