Letras Galegas 2018. Actos na zona norte

O Día das Letras Galegas de 2018 está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega. Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

EN FERROL

O xoves, Días das Letras, ás 17.30 no local sa Asociación de Veciños de Santa Icia,os actos comezan cunha lectura da biografía da autora homenaxeada. A nota musical ven da mao de dúas corais locais, ‘Alecrín’ de Brión, e a ‘Santa Uxía de Mandía’. 

O peche do acto, corre por conta dunha lectura de poemas de autores galegos musicados a cargo de Alberte e Xoán.

Fundaçom Artábria

A ntidade tem programada umha intensa jornada para este sábado, 19 de maio, com motivo do Día das Letras.

As atividades comezarám às 12.00hs, quando umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas de Esteiro e da Madalena rematando na Porta Nova. 

Às 13.30hs decorrerá umha sessom vermute

Posteriormente haverá jgrelhada onde se poderám comer Liscos e chouriços a preços populares à que nom é precisso apontar-se previamente.

Às 17.00hs chegará o primeiro prato forte do dia com o espetáculo Rádio Bule Bule de Paco Nogueiras que ponheram a todas as crianças a dançar e cantar em galego. Para assistir ao espetáculo há que colher convite no Centro Social. 

Serám a partir das 22.30hs quando o cantor ferrolano Óscar Fojo e os vigueses Liska, com o seu ska de combate, fechem esta jornada lúdica e de reivindicaçom. 

No dia 17 a Fundaçom Artábria participará dentro do bloco reintegracionista na mobilizaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em Compostela.  

EN NARÓN

O Concello de Narón desenvolverá este mércores e o xoves na Praza da Lectura, en Santa Icía, varios actos para conmemorar o Día das Letras Galegas a través da iniciativa “N de Narón. A Festa das Letras”.

Na xornada de este mércores as actividades programadas consistirán nunha actuación de A Coral Polifónica, do Aturuxo de Melpómene, a partir das 21.00 horas. Carlos Mosquera, Mos, dirixirá ao grupo que actuará para a ocasión, versionando temas clásicos e combinándoos na actuación con outros máis recentes. A continuación terá lugar un concerto do Cuarteto Caramuxo, centrado na música popular galega, que comezará sobre as 22.00 horas.

Na xornada do xoves día 17 haberá unha variada programación que comezará pola mañá, ás 12.00, cun concerto do músico galego Pablo Díaz ao que seguirán, xa pola tarde, o espectáculo de música tradicional de A Banda das apertas, de Magín Blanco, a partir das 17.30 e tamén desde as 18.30 horas Circanelo, de Fredy&Cía, sobre técnicas circenses.

Tanto na xornada do mércores como o propio xoves, Día das Letras Galegas, habilitarase a Praza da Lectura un espazo de lectura, no que haberá tres áreas diferenciadas. Unha delas reservarase para a Biblioteca municipal, que levará varias publicacións en galego para fomentar a lectura entre tódalas persoas que acudan aos actos programados en Santa Icía. Así mesmo, nos dous restantes as librarías locais Galicia e Day porán á venda numerosos exemplares en galego dirixidos a diferentes tipos de público.

As actividades do Día das Letras Galegas inclúen ademais un espectáculo de Caxoto contacontos, Unha viaxe mar adiante. Terá lugar o sábado 19 na Biblioteca municipal, a partir das 11.00 horas e poden asistir nenas e nenos maiores de 4 anos e as súas familias. Este espectáculo é unha homenaxe de Caxoto a María Victoria Moreno e trátase dunha actuación multidisciplinar, na que se combinan os contos coa música, o movemento… e a través do que se recorda a figura da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Para poder asistir é preciso reservar praza nas propias instalacións da Biblioteca municipal ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, no horario de apertura habitual.

 EN FENE

Na Casa da Cultura
Hoxe mércores 16 de maio, ás 18 h, a narradora María Larraitz presentará en Fene “Babacontos con María Moreno”. Un espectáculo dirixido especialmente a nenos e nenas de 3 a 10 anos e incluído no programa “Cultura no Camiño”. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, dará a coñecer algunhas das historias do libro “Mar adiante”, así como contos/ poemas de “Eu conto, ti contas”.

O venres 18 ás 20 horas, e para conmemorar o Día Internacional dos Museos, o Museo do Humor programa “Anecdoloxía”, un monólogo do cómico Oswaldo Digón. Está recomendado para público adulto e forma parte do programa “Cultura no Camiño”.

Pechando o mes, o luns 28 de maio, ás 17 horas, a Casa da Cultura acollerá o Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Guitarra e, o mércores 30, ás 18 h, será o Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Piano.

EN MUGARDOS

O Concello de Mugardos celebrará o Día das Letras Galegas con diferentes actos e actividades tanto o xoves 17 de Maio como este mércores, 16, organizadas en colaboración con entidades da vila.

Os actos das Letras Galegas en Mugardos comezan este mércores 16, cunha proposta dirixida a escolares de primeiro a quinto de Primaria. Trátase da actividade “Tempo de letras…e xogo!, un “Trivial” en homenaxe a María Victoria Moreno no que competirán nenos e nenas, formando equipos de tres integrantes e por idades.  O xogo desenvolverase na OMIX ás 17.00 horas.

Tamén este mércores, o Casino Progreso de Franza acollerá un concerto xa tradicionalmente vencellado á festa das Letras Galegas. A Coral Mugardesa “Estelas do Mar” e a Rondalla Mugardesa ofrecerán o recital, que comezará ás 19.30 horas e será de entrada libre.

Asociación Apelón

E por último o xoves, 17 de maio, a asociación cultural Apelón, tamén coa colaboración do Concello, levara a cabo o seguinte programa

Ás doce da mañá concentración na Praza do Concello.
Alí terá lugar una entrega de globos para todos @s nen@s (somentes entregaranse @s nen@s de forma exclusiva, non podendo recollelos os adultos).
Entrega de libros, marcapáxinas e caramelos ata esgotar existencias.
Lectura dun par de poesías da nomeada escritora. Pasarrúas ata o peirao con dúas paradiñas máis para voltar a ler outro par de poesías, e remate dos actos.
Todo  acompañado polo grupo de gaitas: Trouleada.

EN VALDOVIÑO

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este xoves o tradicional acto conmemorativo do Día das Letras Galegas. Será a partir das 18 horas, con entrada de balde ata completar aforo. O programa inclúe unha lembranza da homenaxeada a través do espectáculo «O amor pola lingua», a cargo de Sole Felloza. Un espectáculo que tentará facer sentir ó público o que sente quen chega a un lugar e descobre que o seu fogar está alí. Seguidamente, o alcalde, Alberto González, presidirá a entrega de agasallos ós gañadores do III Concurso de Relato Curto e Debuxo Concello de Valdoviño Letras Galegas 2018. Ó certame presentáronse 65 traballos nas diferentes modalidades nas que concursaban en función do curso. O xurado, estaba integrado polo xornalista Miguel García Corral; o mestre e director do CRA O Esquío Xan García Yáñez; a mestra do CPI Atios María Manso, e a concelleira de Cultura, Jessica Sabín.  

EN CAMOUCO–ARES
A Agrupación Instrutiva de Caamouco decidiu este ano apostar con forza polas Letras Galegas, neste 2018 adicadas a María Victoria Moreno. A sociedade preparou un completo programa de actos cos que pretende poñer en valor a cultura e o idioma propios.
A diferenza de anos anteriores, as actividades divídense en dúas xornadas, co obxectivo de darlle unha maior relevancia ás iniciativas culturais a prol da lingua galega. Para a primeira delas, o domingo 13 de maio (19 h), organizouse un concerto do grupo Encrucillada.

A outra das citas organizadas pola Agrupación terá lugar o sábado 19 de maio (20 h). O escritor Manuel Blanco Dans visitará o centro social da Tenencia para presentar o seu libro «Historias de neofalantes». A publicación recolle entrevistas a persoas que falaban noutro idioma e decidiron mudarse ao galego, comezando polo seu propio autor.

EN MOECHE
Os eventos comezarán o propio 17 de maio pola mañá -11.30h.- cunha actividade organizada pola asociación veciñal Val de Moeche. O alumnado do seu curso de cestaría fará unha demostración ao vivo no Castelo de Moeche, onde tamén se pode visitar ata o día 27 unha mostra das cousas que fixeron nos últimos meses. Nesta ocasión o acceso ao castelo é libre.

Na tarde do xoves, a partir das 17.00h. a A.VV. de Labacengos programou unha pequena homenaxe musical coa que lembrar a María Victoria Moreno. No local social do Ventoeiro oiremos textos da autora alternados coa música de Sara Guerreiro e Javier Rodríguez, voz e acordeón respectivamente do grupo tradicional Encrucillada.

O sábado 19 as actividades das Letras trasládanse ao Mercado de Moeche. O Concello ofrece ás 12.00h. a actuación musical “Homenaxe aos poetas”. O artista Manoel de Felisa fará un percorrido pola literatura galega con textos musicalizados, empezando por Martín Códax e seguindo polos grandes poetas ata os nosos días, incluída Mª Victoria Moreno.

O Castelo de Moeche será escenario o sábado 26 dun dos grandes eventos das Letras Galegas 2018. Ás 19.30h. alí actuará Paco Nogueiras co seu “Brinca vai!”.

EN SAN SADURNIÑO

Con motivo das Letras Galegas, a área de Cultura programou para este mércores na Casa da Cultura -11.30h.- a sesión “Mulleres que contan, María Victoria Moreno e outras”. Un espectáculo escénico e interactivo dirixido á rapazada de 1º, 2º e 3º de Primaria que repasa o papel feminino na literatura galega deténdose na figura da homenaxeada deste ano.

O acto principal das Letras será o propio 17 de maio -Casa da Cultura, 18.30h.- centrado no descubrimento da autora e na música, que soará na Casa da Cultura gracias ao alumnado de Ilia Keilin e o da escola municipal de gaitas, que farán nesa tarde cadanseu pase con pezas clásicas e tradicionais. A xornada finalizará coa proxección da breve peza documental “María Victoria Moreno Márquez – Letras Galegas 2018”, producida pola Asociación Cultural Millo. Os directores do audiovisual asistirán ao acto e manterán un pequeno coloquio con quen queira saber máis sobre a escritora.

Pola súa banda, a asociación veciñal O Castelo de Narahío tamén programou co gallo das Letras Galegas un evento que pon en valor a oralidade e a música tradicional como vehículos de transmisión e difusión da cultura.

En colaboración coa Rapazada do Saíme -o grupo vocal de nenas e nenos nacido nas escolas municipais de música tradicional- a asociación ofrecerá por segundo ano un encontro no que tamén participará o alumnado máis pequeno das escolas do Padroado da Cultura do Concello de Narón e o da agrupación cultural Airiños dos Carrís, de Cerdido.

O II Encontro infantil de Cantares tradicionais terá lugar no local social da Veiga o sábado  a partir das 18.30h.

 EN ORTIGUEIRA
O Concello de Ortigueira celebrará o Día das Letras Galegas este mércores, en colaboración coa asociación cultural Galioart. A partir das oito da tarde celebrarase no Teatro de Beneficencia unha Gala de Poesía e Música na que rapaces e rapazas da Escola de Música recitarán poesías con acompañamento musical, tamén a cargo do alumnado do centro. Algúns veciños de Ortigueira lerán poemas en galego, entre outros da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno Márquez. A gala será presentada pola concelleira de Cultura, Vanesa Trevín, e contará como invitadas coa poeta ferrolá Amelia de Querol, que recitará algúns dos seus versos, e a música Julia Dopico. Actuará ademáis a Coral Polifónica de Ortigueira e entregaranse os premios do IV Concurso de Poesía en Galego organizado por Galioart.

As actividades continuarán ás 22.00 horas na praza Isabel II cun concerto de rock no que actuarán os grupos orteganos “Marthirio” e “Anacoretas en el exilio”.

Un día antes deste acto central, o martes 15, e dentro tamén da programación das Letras Galegas, haberá unha sesión de contacontos na biblioteca municipal a cargo de Fátima Fernández, que a partir das 17.30 narrará os “Contos da nai da miña nai”.

Por último, o sábado 19 ás 19.00 horas haberá un concerto da Banda de Música de Ortigueira no Teatro de Beneficencia.
Durante todo o mes móstrase na biblioteca municipal unha exposición bibliográfica sobre María Victoria Moreno.

EN CERDIDO
O Concello de Cerdido celebrará o día das Letras Galegas este mércores 16 de maio. O concello celebrará esta data tan significativa para todos os galegos e galegas coa actuación do mago Benxamín que estará no CEIP da Barqueira a partir das 12:00 grazas a colaboración da Deputación da Coruña. Trala actuación do mago, que ofrecerá a tódolos nenos e nenas o seu espectáculo Maxico 2018, o concello repartirá libros en galego entre tódolos rapaces e rapazas para homenaxear o día da nosa lingua.

Lea también

Gran brillantez en los actos celebrados por la Armada en Ferrol en honor a su Patrona la Virgen del Carmen

(P. S.-gráficas Galicia Ártabra)-La Armada conmemoró este martes, día 16, la festividad de su Patrona, …