Dúas ferrolás competirán este sábado nas Series Mundiais de Yokohama

Foto Camila: Krist Vanmelle

Camila Alonso e Inés Santiago mediranse ás mellores triatletas do mundo nas Series Mundiais de Yokohama deste sábado.

As internacionais do Triatlón Ferrol foron seleccionadas pola federación española ao ter posibilidades de loitar pola clasificación olímpica porque os primeiros puntos en xogo disputaranse na cita xaponesa.

As dúas ferrolás, pola súa proximidade no ranking mundial, situaranse xuntas na transición lucindo Camila Alonso o dorsal 43 e Inés Santiago o 44.

As Series Mundiais de Yokohama celebraranse ás 2:52 horas da madrugada do venres ao sábado –en horario español peninsular- sobre distancia olímpica -1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé-.

Lea también

XXXII edición del Torneo de Fútbol Ayuntamiento de Valdoviño

El campo de fútbol Juan Sabín-O Lameiro acoge este año la XXXII edición del Torneo …