O Triatlón Ferrol masculino logrou un quinto posto por clubs no campionato galego de dúatlon celebrado este sábado en Narón.
Foi o junior Miguel Benavent o mellor do equipo departamental conseguindo un 21º posto aínda que lamentando perder o pelotón perseguidor ao chocarlle por detrás un rival á saída da primeira transición e romper a cala da bicicleta. Outro incidente decisivo para a clasificación final do Triatlón Ferrol foi perder a Juan Rejas cando rodaba no grupo que tentaba dar caza a un Brais Canosa en solitario porque rompeu a cadea da bici e tivo que retirarse.
Polo tanto, David Arias -29º- e David García -33º- foron os dous integrantes que puntuaron para o club ferrolán. Detrás deles remataron Juanchi González -35- e Edu Saavedra -58-.