Terra Galega Narón inicia o proceso de primarias para elixir cabeza de lista de cara ás eleccións municipais de 2019

O Comité Local de Terra Galega Narón celebrou unha xuntanza que estableceu o calendario para a elección do candidato ou candidata a encabezar a lista electoral de cara ás eleccións municipais de maio de 2019.

O proceso arrancará o próximo luns, 9 de abril, coa apertura do prazo de presentación de candidaturas, e permanecerá aberto durante todo o mes. 

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, o 3 de maio terá lugar unha Asemblea Xeral de afiliados/as que procederán á elección da persoa que encabezará a lista de TEGA nas próximas eleccións municipais, votación coa que culminará o proceso de eleccións primarias levado a cabo por esta formación.

Lea también

Axenda en Narón do 7 e 8 de xuño de 2025

Sábado 7 de xuño de 2025 -Actividade: I Torneo de hockey patíns Cidade de Narón. …