Narón. Pablo Mauriz recorda ao PP que as obras de As Lagoas xa estaban programadas

O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, instou ao PP naronés a interesarse polo traballo que se realiza desde o grupo de goberno para así poder coñecer a situación real do municipio. O edil recordoulle aos populares que as obras que demandan no vial do instituto de As Lagoas “forman parte dun completo proxecto no que se inclúe o aglomerado do vial que vai cara ao instituto e tamén a reparación da zona de estacionamento, entre outras obras, valoradas en conxunto en 173.000 euros”. Así mesmo, informou aos populares de que “precisamente onte rematou o prazo de presentación de ofertas por parte das empresas que optan aos traballos, co que se procederá a adxudicar nos vindeiros días, seguindo os trámites oportunos”.

Mauriz asegurou que “novamente o PP estea dando mostras públicas do seu absoluto descoñecemento do traballo realizado no Concello e, polo tanto, de todo ese labor realizado desde o grupo de goberno para seguir avanzando e construíndo unha cidade que continúa sendo un referente para vivir tanto para as naronesas e naroneses como para aquelas veciñas e veciños doutros concellos que apostan cada vez máis por Narón e veñen a vivir a esta cidade”.

O concelleiro de Obras asegurou que “é unha lástima que un partido político que debería estar representando, cando menos, aos seus votantes, non se preocupe o máis mínimo polo que se está facendo desde o Concello, pedindo cousas que ou non corresponden á administración local, ou xa están feitas ou a piques de contratar, como nesta ocasión”.

Finalmente, o edil naronés incidiu en que “o que hai que evitar precisamente, antes e despois das eleccións, é falar desde o máis absoluto descoñecemento, tal e como continuamente se fai desde o PP naronés” e avanzou que “desde o grupo de goberno continuaremos traballando para ofrecer cada día máis e mellores servizos á veciñanza, porque ese é precisamente o noso labor no Concello”.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …

Un comentario

  1. Que causalidad…. después de 20 años de abandono aún vamos a tener que darles las gracias