O BNG manifestase ante Feijóo e reclama a articulación dun Complexo Integral do Naval na ria de Ferrol, aberto a todos os ámbitos de producción:

«Ao igual que fixera en 2012 cando os floteis de PEMEX, e en 2014 co BAM, e logo no 2015 cos famosos petroleiros dos que nada se sabe; o presidente da Xunta continúa na sua particular campaña de narcotización coa sociedade comarcal, agora consistente en tentar presentar como resultado destes tres anos transcurridos desde o levantamento do veto á construción naval en Fene a execución dos jackets para o sector eólico; toda vez que non hai iniciativa política para a reactivación do naval e, ademáis, logo dun fraude de máis de seis anos “apadriñando” contratos (PEMEX, BAM, petroleiros…..) que resultaron un verdadeiro fiasco»  sinala o BNG nun comunicado ante a presenza do presidente dá Xunta non acto celebrado na tarde deste luns na factoría de Navantia-Fene.

«Desde o BNG queremos lembrar que a nosa organización tiña valorado xa no ano 2015 a suposta “reactivación” do estaleiro de Fene coa contratación dos famosos jackets, a saber:

Só nun contexto no que ficasen definidos claramente os plans e proxectos no ámbito da construcción naval, entenderiamos que se podería avaliar a compatibilidade de outro tipo de actividades, como a que agora se está a comentar, garantindo a consistencia e viabilidade das mesmas e a non colisión de intereses con actividades que se poidan realizar na antiga Astano, como a eólica mariña.

Pasado o tempo, resulta evidente que a asignación de contratos desta actividade complementaria é de saudar; sempre e canto non se utilice coma curtiña de fume para ocultar a inación na procura de contratos para a actividade fundamental que debe cumprir o estaleiro: facer barcos. Mais resulta palmario a día de hoxe que a presunta “ocupación” da factoría de Fene no proxecto da eólica mariña tampouco supuxo a reactivación na creación de emprego. Estamos, ao noso xuizo, perante unha utilización perversa do proxecto da eólica mariña para, na prática, impeder de novo que a antiga Astano volva á construcción naval convencional; co que se instaura un novo veto ao centro de traballo de Fene».

En consecuencia, o BNG «ratifícase na idea de que o problema da liquidación progresiva do naval na nosa ría deriva de decisións políticas sempre dirixidas a cercenar a nosa capacidade de producción e que, consecuentemente, deben de ser decisións políticas tamén as que permitan devolver ao sector o papel de motor principal da economía comarcal. Por iso, a nosa participación -conxuntamente con outros colectivos- no acto de protesta que se fixo ás portas do estaleiro de Fene.

Neste sentido, reclamamos máis unha vez a articulación dun Complexo Integral do Naval na ria de Ferrol, aberto a todos os ámbitos de producción: civil, bens de equipo, reparacións, militar…A concreción de carga de traballo e a posta en marcha de medidas (técnicas, de xestión e producción) para permitir a plena rendibilidade do centro de Fene serían o punto de partida nesa estratexia».

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …