As categorías base do Amistade de Meirás enfróntanse á selección do WSF All Star

Cartel do partido – Concello de Valdoviño

O campo municipal de Atios será escenario este sábado, 24 de febreiro, de dous encontros do máis alto nivel entre os equipos sub 14 e sub 16 do Amistade de Meirás e as seleccións do WSF All Star, chegados de Miami. A World Soccer Foundation (WSF) é unha institución adicada á promoción mundial do fútbol xuvenil ó máis alto nivel e as formacións que presentará en Valdoviño están integradas polos máis destacados talentos da Miami Cup 2017. Iniciarán esta semana unha xira por España que os levará a enfrontarse contra equipos de Madrid e tamén da provincia da Coruña. Entre eles, o Amistade de Meirás.

Dende a Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra, anímase á veciñanza a achegarse ata o campo de fútbol municipal e animar ás categorías base locais. Apunta que a entrada é gratuíta e que os encontros comezarán ás 18 horas no caso dos sub 14 e ás 19,30 horas saltarán ó terreo de xogo os sub 16.

Lea también

Club Arco Narón obtiene grandes resultados en el Trofeo ‘Entroido’ en Ferrol

Este pasado domingo por la mañana tuvo lugar en Ferrol el ya tradicional Torneo‘Entroido’para las …