O Foro de Amigos de Ferrol , preocupado por todo o relacionado coa nosa cidade lembra neste artigo de opinión o traballo realizado para lograr que os políticos ferroláns interesásense porque Ferrol contase cun Museo e como desde hai dous anos que enviaron un escrito…non recibiron costestación algunha.
Pasaron dous anos desde que o día 11 de febreiro de 2016 Guillermo Llorca e Juan J. Burgoa presentaron no Rexistro Municipal de Ferrol unha “Declaración a prol dun Museo da Cidade”, dirixida ao Alcalde Jorge Suárez, aos Concelleiros de Patrimonio e Cultura, Rosa Méndez e Jesús Basterrechea, e aos cinco grupos políticos da Corporación ferrolá.
A Declaración, froito dun traballoso proceso de consenso que durou varias semanas, estaba apoiada polas dezaseis asociacións e entidades culturais máis importantes de Ferrol, representando á maioría do tecido cultural e social da cidade. Firmaron de forma conxunta e solidaria o documento:
Amigos del Teatro Jofre, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación Cultural Galicia Ártabra, Asociación Cultural Muiño do Vento, Ateneo Ferrolán, Casino Ferrolano, Club de Montaña de Ferrol, Club de Prensa de Ferrol, Foro de Amigos de Ferrol, Fundación Fontenla Leal, Galería Sargadelos, Liceo Europeo de las Artes, Sociedad Artística Ferrolana, Sociedad de Cultura Valle Inclán, Sociedad Filarmónica Ferrolana, Tribuna para el Diálogo
Nunha mostra de total falta de educación e ineptitude cultural do Alcalde de Ferrol e de sete concelleiros que representaban a tódolos grupos municipais, ningún dos oito persoeiros contestou e nin tan siquer acusou recibo desta Declaración.
Ferrol precisa un Museo da Cidade para expor publicamente e poñer en valor as numerosas obras de pintura, gravado e escultura, da autoría de artistas coñecidos, moitas delas doadas xenerosamente polos propios autores, hoxe espalladas pola cidade, unhas veces malamente almacenadas e outras veces expostas de forma pouco axeitada nas escaleiras do Concello.
O Museo debería expoñelos obxectos e coleccións referentes á época castrexa e medieval, as obras da Ilustración e do Modernismo, os bens procedentes do Patrimonio Industrial, a cultura do traballo, a memoria obreira, a pegada do comercio, o fenómeno da emigración, os usos e costumes ferrolás, as Pepitas, a Semana Santa, a música tradicional e o deporte, as rutas históricas da comarca, o Camiño Inglés e o de Santo André de Teixido, a romaría de Chamorro, así como a importante documentación relativa ao fracasado e torpemente xestionado expediente de Patrimonio da Humanidade.
Ferrol necesita un Museo que serva para protexer, conservar e difundir o Patrimonio Histórico e Cultural da cidade, facilitando ademais o traballo dos estudosos e investigadores que dean a coñecer todo aquilo que forma parte dos sinais da identidade da nosa urbe.
Yo cada vez que leo estos reiterativos artículos pienso lo mismo: No sé si Ferrol necesita un museo de la ciudad o Ferrol va a acabar siendo un museo… pero en cualquier caso creo que con todas las instituciones públicas nos encontramos con el mismo problema: El dinero.
Pongamos que no hubiera que adquirir ni rehabilitar un inmueble como tal, que ya dispusiéramos de uno.
Adquisición de fondos, restauración, mantenimiento, luz, agua, limpieza, tasas y suelos… ¿Qué costaría? ¿300.000 al año, por poner una cifra? Pues bien, para que esta cifra pueda ser costeada hace falta una fundación o patronato que la asuma, cobrar una entrada y/o financiarlo a costa del erario público.
¿Estamos dispuestos a asumirlo? Creo que ese, y no otro, es el debate.