Carmen Jiménez (Triatlón Ferrol) foi a mellor cadete debutante de Galicia na toma de tempos da federación

Carmen Jiménez nunha proba – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya celebrou os resultados dos seus catros triatletas que entrarán a formar parte do Plan Nacional de Tecnificación, o programa de detección de talentos da Federación Española.

No seu primeiro ano de cadete, Carmen Jiménez obtivo a mellor puntuación de toda Galicia na súa idade grazas ás súas marcas de natación e carreira continua.

Xa integrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Jorge Morado amosou de novo o seu nivel ao conseguir o cuarto mellor resultado entre os cadetes de segundo ano.

Completando a expedición do Triatlón Ferrol, David Campos e Álvaro Ordiales mantivéronse na media dos triatletas da súa categoría, tamén na segunda temporada como cadetes.

Lea también

El Gadis Surf Festival Ferrol inicia la competición de longboard tras la llegada del esperado oleaje a Esmelle

La acción ya está en marcha en el Gadis Surf Festival Ferrol. La playa de …