Inaugurada en Narón a exposición Galegos en Mauthausen

A exposición Galegos en Mauthausen pode verse ata o vindeiro 10 de febreiro, nas instalacións da Biblioteca municipal de Narón. A sala de exposicións acolle esta mostra, formada por preto de medio cento de imaxes e paneis nos que se relata a situación dos preto de douscentos galegos internados no campo de concentración nazi de Mauthausen, en Austria.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, entre outros integrantes da corporación local, acompañaron aos representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática na visita guiada que tivo lugar a partir das 19.00 horas deste luns, e na que o historiador Enrique Barrera, integrante da citada asociación, falou aos asistentes sobre a época do Holocausto.

O acto enmárcase no programa impulsado polo Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e que incluíu outros actos na cidade a pasada semana, tanto no propio Consistorio como na Biblioteca e en centros educativos.

A mostra Galegos en Mauthausen poderá verse no horario de apertura da sala de exposicións da Biblioteca, de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, tal e como recordou a concelleira responsable destas áreas

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …