O BNG valora negativamente o convenio entre Augas de Galiza eos concellos de Ferrol e Narón

«O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol logo de que se nos achegara o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galiza, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a regularización dos gastos de explotación do sistema de saneamento e depuración da marxe norte da ría de Ferrol, que será abordado este martes na xunta de portavoces, convocada para o efecto, considera que este documento significa perpetuar a liña iniciada por Rey Varela e o Partido Popular no anterior mandato» sinalan os nacionalistas nun comunicado..

POLÍTICA COMPARTIDA FeC E PP

«O convenio que se nos propón é un paso máis na deriva política compartida por FeC e PP respecto do sistema de depuración na Cidade e que ten 2 obxectivos claros: incrementar o volume de negocio de EMAFESA, coa entrega a esta empresa da depuradora e a súa xestión e un segundo obxectivo que non é máis que o intento de lavarlle a cara e eximir de responsabilidade, á Xunta de Galiza, ao Estado e ao Partido Popular de todas as decisións adoptadas sobre o sistema de depuración na nosa cidade. Por este motivo queremos facer as seguintes consideracións:

1. Este convenio non anula o anterior asinado entre Augas de Galicia e o concello de Ferrol en abril de 2017 no que Ferrol se fixo cargo da EDAR. O concello de Ferrol segue a ser o responsable único da xestión dunha infraestrutura que non é da súa propiedade e que presta un servizo de carácter supramunicipal.

2. O concello de Ferrol é responsable subsidiario de calquera impago ou perxuizo ou controversia que poida xurdir respecto do pago por parte do concello de Narón e deberá aboar integramente os custes de xestión mantemento e reparación da depuradora mais os posibles xuros derivados de impagos que non teñen porque ser imputables ao concello de Ferrol.

3. Augas de Galicia, que entregou a EDAR nunhas condicións que impedían o seu funcionamento se asegura mediante unha cláusula que non asumirá ningunha obriga económica derivada da xestión dunha infraestrutura da súa propiedade.

4. O convenio deixa as claras e literalmente que Augas de Galicia responsable da xestión da depuración actuará exclusivamente como intermediario entre os dous concellos.

5. Todos os custes que por parte da empresa EMAFESA se están a reclamar desde que en 2014 se lle entregou a EDAR serán asumidos polos ferroláns e Narón unicamente asumira o 30% dos importes xerados a partir do 1 de abril de 2017. Augas de Galicia se exime de toda responsabilidade en todo este proceso e sorprendentemente o goberno de Ferrol asinte e permanece en silencio«.

ASUMIR O MANTEMENTO  QUE NON É NOSA

«Por tanto, serán os ferroláns os que teñan que asumir o mantemento e a posta en funcionamento dunha infraestrutura que non é nosa e que superan os 2M de euros tal e como se reflexa no estudo económico que acompañaba a taxa do PP en 2014 e á que este goberno lle levantou a suspensión a finais de 2017.
Serán os ferroláns os que paguen a reparación dunha EDAR, construída polo Estado e sen acta de recepción que se nos entregou en condicións que impedían o seu funcionamento grazas ao convenio asinado entre o Sr. Rey Varela e Augas de Galicia en 2014 e que o PP e FeC validaron en 2017 mediante a ratificación dun novo convenio con Augas de Galicia.
O certo é que con este convenio certificase a vontade de eximir de toda responsabilidade a Xunta de Galiza, propietaria da infraestrutura e ao Estado, que a pesar de ser o responsable da construción da EDAR co diñeiro dos galegos e galegas máis os fondos FEDER nin se lle menciona neste novo convenio nin no anterior asinado entre o concello de Ferrol e Augas de Galicia» sinalan no comunicado.

«En resumo, este convenio ven exclusivamente a determinar que o concello de Narón pagará o 30% dos custes a partir do 1 de abril de 2017. Nin o Estado nin a Xunta nin o concello de Narón se farán responsables en modo algún de ningunha das cargas económicas e de xestión que supón a reparación, xestión, posta en funcionamento e mantemento da depuradora. Estes custes serán exclusivamente soportados polos veciños e veciñas desta Cidade sen que tivesen ningún tipo de responsabilidade no despropósito que supón o deseño do sistema de depuración na ría de Ferrol» remata o BNG.

Lea también

Abierto el plazo de presentación de ofertas para las obras de remodelación integral de la plaza «Rosalía de Castro»

El área de Contratación del Ayuntamiento de Ferrol, al frente de la que se encuentra …

Un comentario

  1. Siempre negativo nunca positivo