Máis de 350 inscripcións na Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares

Edición anterior da carreira – Concello de Mugardos

Hai xa máis de 350 persoas inscritas na tradicional San Silvestre que organizan conxuntamente os concellos de Ares e Mugardos desde hai trece anos. Nesta edición, o Concello de Mugardos acollerá as liñas de saída e a meta da proba, que habitualmente se celebra o último domingo do ano e que desta volta coincide co 31.

As inscripcións están aínda abertas até as 23.59 horas de hoxe, 27 de decembro, a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. Para apuntarse hai que ter alomenos 16 anos cumpridos e a recollida do dorsal, antes do comezo da carreira no Pavillón Municipal do Cristo, será a confirmación da participación na proba. A saída tomarase desde diante do Concello, ás 11.00 horas.

A XIII Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares terá un percorrido de dez kilómetros por ambos concellos. Comezará pola Avenida do Mar de Mugardos, subirá polo Mercado de San Telmo e a rúa Apelón para tomar a estrada AC-130 hacia Ares, e unha vez no casco aresán tomará polo paseo marítimo, a avenida Saavedra Meneses e a rúa García Expósito para regresar pola mesma AC-130. Haberá avituallamento na proba e tamén ao final, na liña de meta que se situará no pavillón do Cristo.

Lea también

O Parrulo Ferrol continúa en dinámica positiva ante Sporting La Nucía

Sigue la flechita para arriba de O Parrulo Ferrol con su tercera victoria consecutiva, tras …