Cabanas asina os convenios coas xuntas directivas dos cemiterios veciñais

Firma do convenio – Concello de Cabanas

O alcalde, Germán Castrillón, e os presidentes dos cemiterios veciñais do “Dato” de Laraxe, Eudosia Loureiro, e do Peteiro, en Cabanas, Angel Torreiglesias, suscribiron sendos convenios de colaboración. A través dos mesmos, o Concello de Cabanas contribuirá ós gastos de mantenemento e conservación dos camposantos, así como á realización dalgúns dos arranxos puntuais que precisan as instalacións.

A cuantía establécese en función do número de nichos do cemiterio e, no caso do ubicado en Laraxe, a axuda ascende a 1.365 euros, namentras que no de Cabanas sitúase en 1.060 euros.

Lea también

Mugardos inicia los trámites para solicitar la subvención de limpieza de playas

El Concello de Mugardos inició los trámites para solicitar a la Diputación de A Coruña …