O Concello de Ferrol sitúase como a terceira cidade galega máis transparente da nosa Comunidade, segundo o ranking publicado no mes de xullo de 2017, pola organización Transparencia Internacional España, no cal se analiza a transparencia dos 110 concellos mais grandes de España tomando como referencia .
O índice utilizado por Transparencia Internacional emprega un total de 80 indicadores, moi esixentes e rigorosos, para medir a transparencia dos entes locais, o que permite facer unha valoración moi ampla e concreta do cumprimento das esixencias impostas pola Lei de Transparencia.
Fetrol obtivo concretamente 86,3 puntos sobre 100 na valoración global, experimentando así a maior suba rexistrada dende o ano 2009, xa que a puntuación acadada polo Concello na edición do ano 2017 foi 15 puntos superior á anterior do ano 2014 (71,3 puntos).
A entidade local presenta os seus mellores resultados en dous eidos concretos, nos cales Ferrol se sitúa por enriba da media española; por unha banda no bloque da transparencia na páxina web, relacións coa cidadanía e a sociedade e participación cidadá (93.3/100) no que sobe dende os 68,8 puntos do ano 2014, e por outra, no bloque da transparencia económica-financeira (95.5/100), 22,8 puntos máis que na edición anterior.
Nas demais áreas a puntuación obtida achégase cada vez máis a media española.
Cómpre destacar o importante aumento acadado en eidos coma o da transparencia activa e información sobre a Corporación municipal ao sumar 18,3 puntos máis respecto do resultado do ano 2014, situándose así a tan só 2,2 puntos da media estatal.
Os indicadores dos ITA esixen mais respecto dos utilizados por outras entidades, xa que Transparencia Internacional vai ao detalle, afondando en cada indicador, o que fai que resulte complexo acadar a puntuación completa en cada un deles.
Dende o Concello de Ferrol tamén queren destacar que «logo da recente publicación dunha clasificación da transparencia, por parte da Universidade Rey Juan Carlos I e dunha consultora privada, puntualizar que en ningún momento se puxo en contacto co Concello de Ferrol para a realización do mesmo. É importante destacar que os datos oficiais do Indice Internacional de Transparencia (ITA) empregan un total de utilizando 80 indicadores, fronte a outros estudos menores, como o que fixo público neste días a Universidade Rey Juan Carlos I e Galileo Ingeniería y Servicios, S.A., que tan só emprega 55, e que situaba a Ferrol no posto 117, de 141 municipios malia que ocupa oposto 83 do ITA«.