O Concello de Cabanas vén de incorporar un remolque de emerxencias equipado cunha electrobomba sumerxible, motobomba para augas residuais, xeradores de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización. Equipamento que onte o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregaban ó alcalde, Germán Castrillón, en Ribeira.
Cabanas era un dos nove municipios da provincia beneficiado no marco do plan autonómico de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade e que permitirá, sen dúbida, mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias en Galicia. A entrega do equipamento a Cabanas e ó resto dos concellos realizouse ó abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para equipar en emerxencias ós concellos de menos de 50.000 habitantes.