Concello e CPI Atios impulsan, un ano máis, a campaña solidaria “1 Kilo+”, ó tempo que animan á veciñanza a sumarse á mesma. O seu obxectivo principal é conseguir que todas as familias de Valdoviño pasen o mellor Nadal posible á mesa. Por iso, realízase esta recollida especial de alimentos coa que, o ano pasado, logrouse reunir máis de 700 quilogramos.
Este ano comezaba onte e prolongarase ata o vindeiro xoves, 15. Así, tanto o CPI Atios coma as escolas unitarias están abertas á recepción dos alimentos. Para mellorar o funcionamento e evitar a acumulación dun mesmo produto, cada curso escolar ten asignado un obxectivo. Infantil -1º e 2º curso, produtos de hixiene-; 3º, produtos navideños-; Primaria -1º produtos navideños; 2º e 3º, cacao e produtos de almorzo; 4º, papel hixiénico, xel e champú; 5º, aceite e tomate frito; 6º, leite-; ESO -1º e 2º, leite; 3º, conservas, e 4º, embutidos envasados. Así mesmo, o profesorado poderá achegar embutidos envasados ou aceite.
Unha vez concluída a recollida, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil procederá ó traslado dos produtos e Concello e Cáritas determinarán o reparto entre as familias.
Por último, Concello e CPI Atios agradecen a solidariedade da veciñanza e confían en reeditar ou incluso mellorar as cifras do pasado ano.