O PSOE amosa a súa satisfacción pola ampliación da estrada de San Xoán de Filgueira da man da Deputación

O Partido Socialista de Ferrol congratúlase do «bo traballo feito» a través da Deputación de Coruña tras confirmarse que esta acometerá as obras de mellora e ampliación da estrada de San Xoán de Filgueira ata Catabois, por un importe de 800.000 euros.

Os traballos consisten na mellora e ampliación de ancho de vía San Xoán de Filgueira ata Catabois. Asimesmo, inclúese tamén a renovación de servizos de abastecemento e saneamento afectados, que fora unha das principais demandas das veciñas e dos veciños.

A voceira socialista, Beatriz Sestayo remarca «fronte á inactividade do Goberno Municipal, o Partido Socialista de Ferrol, xunto ao goberno da Deputación da Coruña, somos os que estamos a executar inversións importantes e necesarias para a veciñanza de Ferrol«.

Esta obra engádese á da execución da segunda fase da mellora e ampliación da estrada de Serantes ata A Cabana, cun orzamento de 636.000 euros, que tamén foi confirmada hai poucos días polo Partido Socialista de Ferrol.

Lea también

La Xunta financió con cerca de 150 mil euros las obras de mejora de infraestructuras en 7 empresas turísticas de Ferrolterra

La Xunta financia este año con 149.707 euros actuaciones de mejora de las infraestructuras de …