Final dos traballos de ampliación da área recreativa localizada xunto ao local social do Couto

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ata a parroquia do Couto para ver o resultado final dos traballos de ampliación da área recreativa localizada xunto ao local social. O goberno local impulsou esta iniciativa, que consistiu na limpeza e o acondicionamento  do parque do Couto, o que supuxo un investimento de 15.128 euros, cofinanciados entre as arcas municipais e a Deputación da Coruña. Este desembolso, xunto cos 7.014 euros destinados a mellorar unha zona verde no Val e 70.000 á adquisición dunha parcela en Sedes para habilitar unha nova zona de ocio, suman un total de 92.142 euros, que “permitirán continuar mellorando o mantemento e ampliando o número de áreas de lecer dispoñibles no noso concello, nestes casos concretos na zona rural”, destacou Ferreiro.

No que respecta á actuación xa rematada no Couto, a alcaldesa explicou que se acomete con cargo ao Plan Provincial de Medio Ambiente 2016 da Deputación da Coruña. O parque localizado xunto ao local social ten unha superficie duns 28.000 metros cadrados, que se ampliou ultimamente en 5.170 metros cadrados. Co fin de acondicionalo, explicou Ferreiro, “retiraronse as especies de árbores que non eran autóctonas e a vexetación invasiva, para sementar herba, manter árbores autóctonas e colocar seis mesas con bancos de madeira e tres papeleiras, tamén de madeira”.

A maiores a alcaldesa explicou que na parroquia do Val, xunto ao local social, acondicionouse unha zona axardinada de 2.088 metros cadrados, cun investimento de 7.014 euros das arcas locais. Para mellorar este espazo

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …

Un comentario

  1. A ver si me entero, tres mesas y seis papeleras 15.000€? Al menos tienen el decoro de no hacerse la foto al lado de la vergüenza de obra