Exposición “Historia de Scratch Fene. 13 años de slalom” na Casa da Cultura de Fene

Os amantes do automobilismo están de noraboa. A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene acolle dende este mércores unha mostra na que a Escudería Scratch Fene fai repaso das 13 edicións organizadas do Slalom Scratch Fene así coma dos diferentes eventos e competicións nos que o club ten participado dende a súa creación no ano 2004.

A exposición inaugúrase o mesmo mércores, 29 de novembro, a partir das oito do serán e poderá visitarse até o vindeiro 14 de decembro. Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas. Sábados, de 10 a 13 horas. Domingos e festivos, pechado.

“Historia de Scratch Fene. 13 años de slalom” inclúe fotografías, cartaces e diverso material gráfico desta escudería que se fundou en Fene no ano 2004 coa firme intención de recuperar o deporte de base automobilístico, o slalom e fomentar o deporte do motor entre os veciños e veciñas do concello.

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …