O Club Ximnasia Ferrolterra de Fene este ano 2017 sigue dando pasos adiante, tras inscribirse na II Liga Ibérica de Ximnasia Artística Feminina, organizada por Social Sport Team, na División B. Esta Liga consiste en tres competicións, unha este fin de semán que ven na Cidade de Vila Real (Castellón), mentras que as outras dúas serán en febreiro e marzo do 2018, e as sedes están pendentes de decidir. Esta competición e por equipos cun límite de 10 ximnastas por equipo. Os equipos conseguirán puntos con respecto a clasificación como equipo en cada aparato e na suma dos catro, barra equilibrio, salto, asimétricas e suelo.
Cada equipo obtendrá unha nota por aparato resultante das catro notas máis altas das súas ximnastas participantes en ese aparato.
Os adestradores do Club, Olalla Sas Cruz e Borja Díaz Díaz convocan para esta xornada de competición a sete ximnastas, que son Ainhoa Tenreiro Mosquera, Tatiana López Rivas, Cintia Fernández Sanmartín, Paula Parada Rodríguez, Tyesha Vicente Humphries, Lola Cainzos Díaz e Alba González Gorgullo. Tamén indicar que Olalla Sas fará de Xuiz na competición.