Cabanas inviste 43.000 euros na mellora e acondicionamento do pavillón

O alcalde no pavillón – Concello de Cabanas

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento e mellora do pavillón municipal de Lavandeira. Unha intervención na que se investiron 43.322,95 euros procedentes dunha subvención solicitada á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Nesta liña, o rexidor explicou que as obras contemplaron a limpeza de toda a superficie da cuberta e canalóns, así como das paredes interiores; o pintado das instalacións deportivas tanto da fachada como do interior, traballos de impermeabilización e substitución de tornillería.

Así mesmo, levouse a cabo a substitución de todas as luminarias e luces de emerxencia por outras LED de baixo consumo. Unha medida, engadiu o alcalde, coa que se pretende un aforro no recibo eléctrico.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …