O BNG de Ares denuncia que o goberno municipal plaxia as iniciativas nacionalistas

O BNG de Ares  denuncia que o goberno municipal plaxia as iniciativas nacionalistas para ocultar o seu desleixo na execución das obras da estrada Ares-Chanteiro

O portavoz municipal do BNG de Ares, Emilio Mesías, indicou que “no día de onte, o BNG presentaba polo portal de xestión administrativa do concello unha moción na que se pedía un posicionamento da corporación demandando que a Deputación contrate as obras da segunda fase da estrada Ares-Chanteiro, das que se está a executar a primeira fase na actualidade”

Sorprentendemente, indica Mesías, “na reunión de hoxe da xunta de voceiros e, para a nosa sorpresa, combrobamos que o goberno municipal presenta unha moción feita momentos antes da xunta de voceiros; que é un auténtico plaxio da que tiña presentado o BNG”

Continúa relatando o portavoz nacionalista que “a razón da moción do BNG non é outra que denunciar o pasotismo por parte do goberno municipal na execución desta obra e, específicamente,  o desleixo en reclamar ante a Deputación o acordo aprobado “por unanimidade” o 26 de Decembro de 2016, sobre unha iniciativa presentada pola Plataforma Veciñal estrada Ares-Chanteiro, que demandaban a contratación da segunda fase da estrada Ares-Chanteiro (DP-402) no exercicio 2017.”

Indica o portavoz do BNG que “non é a primeira vez que realizan estas artes para “intentar” non quedar mal ante temas importantes para o conxunto da veciñanza. Hai uns anos retrasaron un pleno durante 20 minutos para plaxiar outra moción nosa ao respecto da construción do Centro de Saúde, pero desta vez “se coroaron”; a moción que presentaron hoxe uns minutos antes da xunta de voceiros leva data de 15 de Outubro para que parecese que a redactaron antes que a nosa»

Remata asegurando Emilio Mesías que “a sinatura do alcalde na moción aínda estaba fresca, como as súas reiteradas mentiras que contan co apoio de todos os concelleiros e concelleiras do PSOE, NAL e SON de Ares. Prática da que resulta un goberno municipal de plaxio, vergoña e mentira, sustentado cós impostos da veciñanza aresá”

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …