O BNG valora o informe de Patrimonio sobre a Praza de Armas

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a polémica xurdida, esta semana, entre o Partido Popular e o Goberno Local a respecto da praza de Armas «non fai máis que confirmar a simbiose perfecta que forman tanto o Partido Popular como o goberno local de consecuencias fatais para esta cidade«, onde o PP cualifica ao goberno de victimista e o goberno se atribue ese papel de vítima en base ao informe desenvolvido pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Desde o BNG queren esixirlle ao goberno Local que desenvolva unha resposta que de solución aos requerimentos feitos pola Dirección Xeral de Patrimonio xa que «cremos que tampouco son insalvables«. As deficiencias recollidas nese informe son facilmente subsanábeis se existe unha vontade real de desenvolver e executar o proxecto da praza de Armas, para o cal se desenvolveu un concurso publico.

Para o BNG a xustificación da supresión das prazas de aparcadoiro «cremos que é facilmente demostrábel xa que hai informes que así o avalan«, a eliminación da rampa na fachada principal do Concello tampouco é ningún problema para alterar o proxecto que se achegou e a extensión dos pavimentos as rúas anexas supón unha modificación sinxela do proxecto achegado a Dirección Xeral de Patrimonio que ademáis nese informe se recalca que é unha primeira valoración que se deberá achegar un proxecto completo, un proxecto de execución onde se recollan todas as necesidades e os documentos precisos para poder executar ese proxecto a obra e o máis importante os requerimentos feitos pola Dirección Xeral de Patrimonio non anulan de ningunha maneira o proxecto escollido e que «deberíamos ter a vontade de levar adiante e para iso o primeiro paso que deberiamos facer é resolver estas deficiencias detectadas por Patrimonio«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …