Arrancan as obras de construción do Circuito de Motocross do Concello de Cabanas

Inicio das obras – Concello de Cabanas

O alcalde, Germán Castrillón, realizou unha visita de supervisión ás obras de construción do Circuito Municipal de Motocross do Concello de Cabanas. Unha actuación que arrancaba a semana pasada nunha parcela municipal de 14.770 metros cadrados ubicada no polígono de Vilar do Colo. O rexidor destacou que Cabanas se convertirá no primeiro municipio da comarca e nun dos poucos da provincia en dispor dunhas instalacións municipais deste tipo e, por iso, o obxectivo do Concello non é outro máis que facer de Cabanas un auténtico referente do mundo do motor.

Con ese horizonte, explica que o Concello quere poñer a disposición de mozos e mozas un circuito onde poder competir a prezos máis asequibles e no que se formen pilotos de alto nivel.

As obras que agora comezan son fruto, segundo sinala o alcalde, dun traballo de moitos meses. Un traballo de tramitación administrativa que incluía a obtención de diversos permisos –Patrimonio, Medio Ambiente ou Augas de Galicia- e, especialmente, de búsqueda de financiamento para lograr minimizar os custes para as arcas municipais. E así foi, xa que a Secretaría Xeral para o Deporte implicábase no proxecto e, mediante un convenio, asumía o 100% do orzamento, que ascende a 25.000 euros.

O Circuito contará cunha pista de 672,25 metros de lonxitude e 8 metros de ancho, a excepción da saída, onde a pista terá unhas medidas de 50 de longo por 12 de ancho. O prazo de execución estímase nun mes.

Lea también

El Natación Ferrol se lleva el Campeonato gallego infantil en Cervo

El fin de semana se celebró en la piscina olímpica municipal de Lieiro en Cervo, …