A I Mostra do Cooperativismo e Economía Social de Ferrolterra inaugurouse este xoves

Instante da inauguración – Concello de Ferrol

O alcalde e presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Jorge Suárez, inaugurou esta mañá no Centro Torrente Ballester a I Mostra de Cooperativismo e Economía Social de Ferrolterra, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que se desenvolve durante toda a xornada (de 9 a 21:00 horas) con acceso libre como escaparate do cooperativismo na comarca.

A mostra conta con diferentes postos de información sobre proxectos de economía social da comarca, atendidos polos protagonistas destas experiencias, centradas na visualización da economía social, como charlas e xogos onde se porá en valor os principios e valores cooperativos.

A finalidade desta mostra é fomentar que a cidadanía sexa consciente á hora de consumir na Economía Social, así como informar e asesorar ás persoas que teñan interese en emprender baixo a fórmula cooperativa en Ferrolterra. A economía social, explica Luis Alcalá, xerente da Mancomunidade, fundaméntanse nun conxunto de valores orientados a fins sociais como a primacía das persoas e do fin social sobre o capital, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, etc., promocionándose a solidariedade interna coa sociedade, e favorecendo o compromiso co desenvolvemento local.

A fórmula cooperativa foi, de feito, un dos modelos de emprendemento que mellor soportou a crise económica. Proba disto, apuntan desde a Mancomunidade, é que as cooperativas non só se mantiveron, senón que medraron: nos últimos 10 anos o número de cooperativas en Galicia aumentou en 300, e na actualidade son un total de 1.318.

Recentemente naceu unha grande organización que agrupa a agrupa a 181 cooperativas, das cales 152 son de traballo asociado, 28 de ensino e unha de consumo. Esta organización é a Unión de Cooperativas EspazoCoop. Na comarca de Ferrolterra, a porcentaxe maior de cooperativas corresponde ás de traballo asociado, tendo unha forte presenza nos centros de ensino, especialmente os de infantil, como Afesin.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …