AFAL leva este martes as súas mesas informativas ó municipio de Ares

Cartel da campaña – AFAL

O programa de actividades deseñado por AFAL para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer neste mes de setembro entra na súa recta final. Así, en colaboración co Concello de Narón, a asociación ofrecerá esta tarde unha charla informativa sobre alzhéimer e as terapias que prevé iniciar en Narón no local social de Piñeiros, a partir das 20 horas e con entrada de balde. Mañá martes, a asociación instalará as súas mesas informativas e de cuestación en diferentes puntos da cidade de Ferrol. Será entre as 10 e as 14 horas no Avenida, no Cantón, Hotel Suizo, Canido e Inferniño. Esta actividade estaba prevista para o pasado 21 de setembro, pero a choiva impediu levala a cabo e trasladouse para este martes, 26 de setembro.

Tamén mañá, pero pola tarde, e en colaboración co Concello de Ares, AFAL levará a cabo unha xornada divulgativa neste municipio. Ás 18 horas, instalará as súas mesas informativas na praza da Constitución para informar sobre a enfermidade e os talleres que desenvolve en Ares para persoas afectadas e, a partir das 19 horas, ofrecerá unha charla na Biblioteca Municipal.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …