O Padroado da Cultura reabre este domingo a programación de finais de ano no Pazo

O Pazo da Cultura acollerá o domingo, día 24, a representación da obra “La autora de las Meninas”, das compañías Focus e Centro Dramático Nacional. Baixo a dirección de Ernesto Caballero actuará, entre outros integrantes do elenco, a actriz Carmen Machi. A posta en escena será a partir das 19.00 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

“La autora de las Meninas” é unha sátira distópica, na que se aborda o lugar que debe ocupar a arte na sociedade e tamén o controvertible concepto de benestar social. Unha monxa, interpretada por Carmen Machi, recibe o encargo de realizar unha réplica exacta da obra “Las Meninas”, de Velázquez, ante a posibilidade de que a crise obrigue ao Estado español a desprenderse do seu patrimonio artístico. A relixiosa convertirase inesperadamente nunha recoñecida figura das artes plásticas e nunha estrela mediática, que vivirá numerosas experiencias durante o transcurso da historia, que se prolongará preto dunha hora e media. Mireia Aixalá e Francisco Reyes acompañarán a Machi no escenario desta obra, da que ademais de director é autor Ernesto Caballero.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …