A Biblioteca do Alto porá en marcha un Club de Lectura e abrirá o vindeiro mércores o prazo de inscrición

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a posta en marcha dun Club de Lectura para persoas adultas. A iniciativa arrincará o vindeiro mes de outubro, tal e como apuntou a edil naronesa, e as persoas interesadas en asistir –teñen que ter cumpridos os 16 anos- deben inscribirse a partir do vindeiro mércores, día 20. Taibo animou ás veciñas e veciños de Narón a anotarse nesta actividade, “na que se procederá a ler de modo simultáneo un libro cada mes para, nas xuntanzas, comentar diferentes temas relacionados co mesmo”.

As reunións realizaranse con carácter bimensual (unha cada quince días) e durarán hora e media, polas tardes e nun horario que se fixará no momento da presentación do Club de Lectura, convocada para o xoves 28 de setembro.

As reservas de praza deben tramitarse de modo presencial na propia Biblioteca municipal –a partir do mércores 20 ás 9.30 horas- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, no horario de apertura habitual. Terán preferencia as persoas que no momento da apertura do prazo teñan xa o carné da biblioteca, tal e como indicou a concelleira responsable da área.

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …