O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, reuníronse na mañá deste venres con cinco funcionarios municipais no despacho do rexedor para entregarlles un agasallo con motivo da súa xubilación, en tres casos, e do cumprimento de vinte e cinco anos de servizo no Concello, no doutros dous. Estes últimos, José Piñón Rego e Armando Rebollar Casal, recibiron de mans de Blanco unha figura de artesanía, mentres que Manuel Freire Díaz, José Gómez Fortuna e Soledad Rivas López, que pasan á condición de xubilados, tiveron como agasallo un reloxio.
Blanco e Ferreiro agradeceron aos homenaxeados o traballo que realizaron no Consistorio naronés e, no caso das tres persoas que se xubilan, desexáronlles tamén que desfrutasen desta nova etapa nas súas vidas.