Trío do Triatlón Ferrol no campionato de España olímpico

Melina Alonso nunha proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol estará representado este domingo no campionato de España olímpico por Melina Alonso, Marcos Ruiz e Ana Carvajal.

Coa dura tarefa de suceder a Miriam Casillas, vixente campioa e vencedora en 2014, e Tamara Gómez, gañadora en 2015, a ferrolá Melina Alonso non se pon un posto como reto pero si recoñece que os éxitos das últimas semanas lle devolveron a confianza para loitar polo máximo.

Pola súa banda, Ana Carvajal aspira a mellorar o seu 28º posto da súa estrea da pasada temporada na modalidade olímpica.

Como equipo, o Triatlón Ferrol chega como actual campión pero non poderá revalidar o título por baixas importantes como as de Camila Alonso e Inés Santiago, quen se reservan para o Mundial sub-23 da próxima semana.

Debutando, o junior Marcos Ruiz enfrontarase aos mellores de España sen presión.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …