25 persoas tomaron parte na ruta a Redes organizada polo Concello de Cabanas

Instante da ruta – Concello de Cabanas

Un total de 25 persoas tomaron parte onte pola mañá na ruta de sendeirismo a Redes organizada polo Concello de Cabanas a través da Concellería de Deportes. Unha expedición na que predominaba o público infantil. Non en van, e segundo explicou o concelleiro de Deportes, Javier Fernández, a ruta estaba especialmente dirixida ás familias, cun percorrido de dificultade baixa.

Partía ás 10 horas da Oficina Municipal de Turismo, ubicada na contorna do parque do Areal e, dende alí, os participantes marchaban cara o piñeiral da Madalena para subir pola senda que conduce a Chamoso. De aí, e polo camiño que bordea a ría, avanzaron cara Redes, disfrutando de incribles panorámicas de Cabanas. Unha ruta duns 11 quilómetros incluíndo ida e volta.

Esta andaina formaba parte do calendario de rutas de sendeirismo que, dende principios de verán, organiza o Concello para dar a coñecer o municipio, apostando tamén pola práctica deportiva.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …