O Triatlón Ferrol repite bronce da Liga de Primeira División grazas ao terceiro posto do sábado nos relevos por parellas e o triunfo sen oposición deste domingo no campionato de España de tríatlon superesprinte.
No novo formato superesprinte, celebráronse tres eliminatorias compostas por tres tríatlons individuais cada hora. “Non era boa táctica reservarse para o final porque a primeira rolda era a que máis puntuaba. Saiamos 60 e eliminaban ás 20 últimas. Despois, corríamos 40 e quedabamos 20 para a final. E cada posto contaba”, relata unha Melina Alonso que rematou 3ª na primeira proba, en top-15 na segunda (con pequena caída en bici incluída) e top-8 final. Mentres que a máis destacada foi Camila Alonso, subcampioa nos tres tríatlons. Inés Santiago logrou top-10 nas dúas primeiras saídas e top-15 na final e Ana Carvajal entrou no top-10 na primeira, fixo 17ª na segunda e top-10 tamén na derradeira proba.
Desta forma, ao vencer na última etapa da Liga, o Triatlón Ferrol volve colgarse o bronce da Primeira División por segundo ano consecutivo.