A Axencia Enerxética Provincial da Coruña asesorará ao concello de Valdoviño en materia de aforro e eficiencia enerxética

Valentín Rodríguez Formoso e Alberto González durante a firma do convenio – Deputación da Coruña

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, asesorará ao concello de Valdoviño en materia de aforro e eficiencia enerxética. Así o establece o convenio asinado hoxe entre o presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde da localidade, Alberto González Fernández.

Os técnicos da FAEPAC realizarán unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais do concello, co obxectivo de establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

A axencia provincial tamén se compromete a prestar asesoramento técnico en todas as actuacións que desenvolva o concello de Valdoviño en materia enerxética. Neste sentido, realizarase un seguimento e control do consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos e manterase informado ao concello sobre as modificacións lexislativas e tarifarias, as convocatorias de axudas públicas e os novos materiais, produtos sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais.

Así mesmo, a FAEPAC encargarase da formación do persoal do Concello, para que adquiran as competencias necesarias para asegurar a redución das emisións e a mellora da calidade ambiental no municipio.

González Formoso manifestou que, a través da prestación destes servizos, un dos obxectivos do actual goberno provincial é “utilizar o coñecemento da FAEPAC para axudar aos concellos a aforrar na súa factura eléctrica”, un gasto que para algúns municipios do ámbito rural supón a maior partida do seu gasto corrente.

Cariño, A Capela e Moeche xa aforran na factura eléctrica

Valdoviño súmase así a outros concellos da comarca de Ferrolterra-Ortegal como Cariño, A Capela ou Moeche, aos que a FAEPAC xa presta servizos de asesoría e de análise e control de facturación eléctrica, permitindo importantes aforros ás economías municipais.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …