As unidades móbiles de doazón de sangue desprázanse a Valdoviño e Meirás esta semana

(Foto: Europa Press)

O Concello de Valdoviño informa á veciñanza de que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia desprazaranse ó municipio esta semana. Concretamente, o venres 18 de agosto estarán diante da casa consistorial en horario de mañá –de 16 a 21 horas- e o sábado trasladaranse a Meirás, fronte á cooperativa, de 10 a 15 horas.

Neste senso, o Concello explica que calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.

Lea también

Intoxicado un vecino de Cervás, Ares, por la mala combustión de una estufa de leña

Un vecino de Ares,  E.P.P. de 72 años de edad, ha resultado intoxicado por monóxido …