O BNG de Narón reclámalle a Augas de Galiza colaboración para a limpeza e adecentamento dos ríos que decorren polo concello

O portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Pablo Villamar, presentou na mañá deste venres no Rexistro Municipal unha moción sobre a limpeza dos ríos que decorren polo termo municipal na que insta ao organismo público Augas de Galiza a elaborar un programa de actuacións prioritarias e ao goberno local a colaborar no financiamento das mesmas.

No texto que se debaterá no vindeiro pleno ordinario, Villamar lembrou que as competencias nesta materia recaen na administración galega e que, por iso, é Augas de Galiza, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, quen ten que asumir as actuacións necesarias para a limpeza a adecentamento dos cauces fluviais. Sinalou, asimesmo, que están fóra de lugar as críticas do Partido Popular de Narón, “máis tendo en conta”, apuntou, “que o marco legal vixente é claro a respecto das atribucións de cada administración”. “É incomprensíbel que o Partido Popular, sempre tan celoso sobre as parcelas de actuación de cada institución, pretenda que sexa unha administración non competente a que promova intervencións queen teoría non lle corresponden, laiouse.

O voceiro do BNG quixo subliñar que “o historial de rebumbio competencial” co que quere confundir o Partido Popular de Narón é amplo e, como exemplo, puxo as obras de saneamento da marxe norte da ría, cuxo custo se lle imputa parcialmente á veciñanza de Narón, “un precedente insólito”, dixo, “en todo o Estado: das máis de vinte actuacións de saneamento prometidas nos anos 90 por seren de interese xeral, só aquí unha parte do financiamento das obras recaeu directamente na cidadanía”.

Con todo, o BNG considera que a colaboración entre administracións ten que ser o normal e, por iso, e como xa acontece noutras áreas como as escolas infantís, cre que o Concello de Narón está en disposición de botar unha man nas actuacións para a limpeza e adecentamento dos ríos que pasan polo termo municipal. Nese sentido, considera necesario que Augas de Galiza elabora un programa de actuacións prioritarias que o goberno local se compromete a financiar ao 50%, tal e como recollen os acordos da moción.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …

2 comentarios

  1. Un de freixeiro

    En vez de coger y limpiarlo, se lo acabarán pidiendo al Vaticano, a la ONU o a Trump.

  2. Si no es cosa de Narón…. por qué TEGA lleva 30 años prometiendo limpiarlo? Lo del BNG es más raro… como emplearon todos los esfuerzos en limpiarle la cara a Blanco ahora no tienen fuerza para limpiar el río.