O alcalde de Narón aclara que o propio título da moción presentada no pleno sobre as vítimas do terrorismo cita a Miguel Ángel Blanco

«O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lamentou o feito de que o portavoz do PP de Narón acuda unha vez máis á mentira para desinformar á cidadanía, enganándoa conscientemente unha vez máis e, neste caso, utilizando un tema como a violencia terrorista«, sinala nun comunicado  o gabinete de prensa  do conecello naronés.

«O popular asegurou que o grupo de goberno non presentou unha moción ao respecto, senón EU, e que na mesma non se cita o nome do edil do PP en Ermua Miguel Ángel Blanco, asasinado pola banda terrotista ETA no País Vasco hai vinte anos. A realidade é que a moción está asinada polo tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- e polo edil de EU (Grupo Mixto) e que no propio título, tal e como se pode constatar no expediente e nas actas, cita a Miguel Ángel Blanco”, asegurou o alcalde.

A maiores, en canto ao contido, o rexedor local incidiu en que se o portavoz popular se tivese molestado en ler a moción aprobada no pleno sobre a violencia terrorista, “vería que xa no título di: “Moción en homenaxe a todas as vítimas do terrorismo no aniversario do asasinato a Miguel Ángel Blanco”. As alusións ao concelleiro popular asasinado por ETA sucédense no texto da moción presentada polo grupo de goberno de Narón e EU, na que se condena firmemente “a violencia terrorista en todas as súas formas ao longo da historia”. Na sesión plenaria do pasado xoves gardouse ademais un minuto de silencio “en lembranza e homenaxe a todas as vítimas do terrorismo”.

“É unha lástima que unha persoa elixida por algúns veciños e veciñas de Narón para representalos no Concello recurra constante e conscientemente á mentira utilizando calquera tema, incluso a violencia terrorista como nesta ocasión”, denunciou Blanco. O alcalde asegurou que á vista das declaracións que realiza o portavoz do grupo municipal do PP na cidade “semella que confunde continuamente o que a el lle gustaría que acontecese coa realidade”.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …

2 comentarios

  1. Menuda cortina de humo para tapar lo mal que lo están haciendo en Narón…Impuestos altísimos y subiendo, un plan general de urbanismo que parece un colador, plagas de ratas…

  2. TEGA antes no habria puesto matices a las condenas del terrorismo…Serán cosas de la nueva alcaldesa, porque «la vieja guardia» no permitía estas medias tintas.