A escola Javi Gómez Noya gaña catro medallas no Tríatlon de menores de Cedeira

Podio da proba – Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya sumou catro medallas no Tríatlon de Menores de Cedeira cos ouros da benxamín Rebeca Teijeiro e da alevín Sabela Caneiro, a prata da tamén alevín Lucía Piñón e o bronce da infantil Carmen Jiménez.

Moi preto do podio quedaron os benxamíns Ana María Jiménez, cuarta, e David Garrote, quinto, e o infantil Marcos Gómez, pechando o top-5 da súa categoría.

Agora a canteira ferrolá agarda polo regreso dos cadetes desprazados aos campionatos de España de Banyoles para que todos poidan competir no campionato galego de menores que se celebrará o próximo sábado no porto de Curuxeiras.

Lea también

El equipo masculino del Triatlón Ferrol, subcampeón gallego de duatlón contra reloj

Iván Puentes, Hugo Prida, Marcos Ruiz, Manuel Pozuelo, Ariel Soto y Jaime García subieron al …